Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do 2º ciclo de educación infantil ó centro privado Compañía de María de Ferrol.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Compañía de María de Ferrol no que solicita a ampliación dunha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Esta dirección xeral resolveu:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento,

a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

Provincia da Coruña

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: San Amaro, 18.

Denominación: Compañía de María.

Titular: Compañía de María.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 5.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 6.

2530