Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996 pola que se convoca a contratación do servicio de mantemento e reparación de edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, casa do presidente da Xunta en Roxos e sedes comarcais en Ordes, Vilalba e Lalín.

Obxecto: contratación do servicio de mantemento e reparición de edificios admnistrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, casa do presidente da Xunta en Roxos e sedes comarcais en Ordes, Vilalba e Lalín.

Prazo de execución: un ano.

Orzamento: 87.305.338 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª pranta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderanse solicitar en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51, baixo de Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante o do aboamento seu importe.

Fianza definitiva: 3.492.212 ptas.

Modelo de proposicións: o que figura como anexo ó prego de claúsulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse de presentar en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 24 de maio de 1996.

Apertura de proposicóns: en acto público, na sala «B» de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 27 de maio de 1996.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

9602327