Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, atorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:
Liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30, con apoios de formigón e torres metálicas, cunha lonxitude de 297 m, orixe na L.M.T. ó C.T. Lousado e remate no C.T. das Veigas. Centro de transformación de 25 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Cedeiras e Trascastro, no concello de Begonte.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 6 de marzo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2166