Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/119-2. Libro de rexistro: 4.377 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. en Acevedo-Paradela, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón ou metálicos, cunha lonxitude de 1.001 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Rede ded baixa tensión en conductor R.Z.-50-95, cunha lonxitude de 170 metros, para mellora do servicio eléctrico en Acevedo, no concello de Paradela.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 9 de febreiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2513