Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. en Gondar e Vilar-Paradela, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11,
así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en apoios de formigón, cunha lonxitude de 1.886 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, cunha lonxitude de 550 metros, para mellora do servicio eléctrico en Gondar e Vilar, no concello de Paradela.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 2 de febreiro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2508