A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde dO 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de tubos de baleiro.
I.-Obxecto e orzamento.
A subministración de tubos de baleiro por un orzamento máximo de 6.350.000 ptas. (IVE incluído).
II.-Prazo de entrega.
O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.
III.-Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.
IV.-Fianzas.
Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento vinte sete mil pesetas (127.000 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
V.-Solvencia económica e financeira.
Será acreditada por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de
maio, de contratos das administracións públicas.
VI.-Solvencia técnica.
Será acreditada por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
VII.-Clasificación.
Non se precisa.
VIII.-Criterios de adxudicación.
-Prezo, ata 5 puntos.
-Calidade, ata 4 puntos.
-Prazo de entrega, ata 2 puntos.
IX.-Admisión de variantes.
Non se admiten variantes.
X.-Presentación de proposicións.
As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.
XI.-Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
XII.-Documentación que deberán aporta-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XIII.-Anuncios.
Os anuncios do presente público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.
Lugo, 22 de febreiro de 1996.
Luis E. Vicente Sánchez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
96-2357