Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996 pola que se convocan unhas xornadas sobre violencia urbana dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre violencia urbana, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos dotar dunha formación adecuada ós membros dos corpos e forzas de seguridade, e duns coñecementos indispensables para desenvolve-la súa actividade profesional, afondando na problemática derivada destes temas, tan preocupantes nos tempos de hoxe.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos de forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán serán de 300.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nesta xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 7 de maio de 1996, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo a exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde, e nelas trataranse, en outros, os seguintes temas:

a) A violencia urbana.

b) A violencia no deporte desde o punto de vista da prensa.

c) Actuación diante de espectáculos deportivos.

d) Motivacións sociolóxicas da violencia e delincuencia xuvenil.

e) Consecuencias xurídicas e patrimoniais dos destrozos provocados por bandas xuvenís.

Datas.

As xornadas desenvolveranse durante os días 20 e 21 de maio de 1996.

O horario será o seguinte:

-Día 20: de 9.30 a 13.30 horas e de 16.15 a 20 horas.

-Día 21: de 10 a 14 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 9 de maio de 1996 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden conforma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

As xornadas celebraranse no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, no polígono das Fontiñas.

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adapta-las ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

2721