Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de marzo de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-1971/1995 e C-0119/1996).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación o prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (Praza dos Mariñeiros, s/n), e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-1971/1995.

Denunciado: Gustavo A. Silva Hermo.

Enderezo: Cariño-Cabo de Cruz-Boiro.

Nº de expediente: C-0119/1996.

Denunciado: José R. Romero Papín.

Enderezo: Insua-Fisterra.

A Coruña, 7 de marzo de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

96-1995