Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.368

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de marzo de 1996 pola que se aproban os novos estatutos da Fundación Rodman e se inscriben no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de modificación dos seus estatutos, promovido pola Fundación Rodman.

Resultando que esta fundación foi clasificada como benéfico-docente e declarada de interese galego por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 21 de xaneiro de 1992, atopándose inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería.

Resultando que a Fundación Rodman solicitou perante esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos para adaptalos á lexislación vixente, sen varia-la finalidade de seu.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundación de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que os novos estatutos cumpren as esixencias dos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/1983, e que son conformes coa vontade fundacional, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-los novos estatutos da Fundación Rodman segundo consta en escritura pública do notario de Vigo José Antonio Somoza Sánchez, do 14 de decembro de 1995 (protocolo nº 4.210).

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrarán en vigor os novos estatutos.

Terceiro.-A presente resolución pon fin á vía administrativa, consonte co establecido no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2632