Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña de M.T. ó C.T. Graña-Postemirón, concello de Vilaboa, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 92/45 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 48/1996, do 1-2-1996, DOG nº 31, do 13-2-1996, que o día

15-5-1996, a partir das 11 horas darase comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Vilaboa, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 6 de marzo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 85/12 y 92/45 A.T.

Liña M.T. a C.T. Graña-Postemirón.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilaboa.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2/1Cabo ChanMonteJosé Rios CollazoCasa Nova

36140-Vilaboa

16256

2/2Cabo ChanMonteManuel Rios CollazoCasanova

36140-Vilaboa

25400

3Cabo ChanMonteCarmen Villaverde GonzálezCasa Nova

36140-Vilaboa

601.040

5Mato GrañaMonteJosé Rios CollazoCasa Nova

36140-Vilaboa

14224

6Mato GrañaMonteAlicia Rodríguez Lemosr/ Real, nº 17

36002-Pontevedra

14224

7Mato GrañaMonteAlicia Rodríguez Lemosr/ Real, nº 17

36002-Pontevedra

23368

7/1Mato GrañaMonteDescoñecido

14224

18CidrasLaborFélix Arosa ArosaPobo, 19-Tomeza

36158-Pontevedra

21210

20CidrasLaborAlicia Arosa Arosar/ Fernández Ladreda, 36-2º centro

36003

5130

23CidrasLaborDescoñecido

210

9601983