Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 1996 Páx. 3.247

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 febreiro de 1996 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral/especial do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local ou que estea nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que sexa seleccionado. Se no prazo de 2 meses a partir da publicación no DOG, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses ó que se fai referencia no apartado quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitava.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Código posto: IC.C03.00.003.15770.005.

Denominación posto: xefe Servicio Xestión Industrial.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A/B.

Nivel : 28.

C. específico: 1.583.676.

Titulación académica: enxeñería superior/enxeñería técnica.

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

2581

Resolución do 20 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 13 de febreiro de 1996, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 5 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 19 de abril, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 20 de marzo de 1996.

Francisco Michavila

Secretario xeral do Consello de Universidades

Sr. Vicesecretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

* Concursos convocados por resolución da universidade do 2-10-1995 (BOE do 31-10-1995).

Concurso nº: 044.

Nº sorteo: 29795.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: dereito procesual.

Presidente titular: Andrés de la Oliva Santos.

Vocal secretario titular: Juan Montero Aroca.

* Concursos convocados por resolución da universidade do 16-10-1995 (BOE do 14-11-1995).

Concurso nº: 045.

Nº sorteo: 29796.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería mecánica.

Presidente titular: José Luis Ocaña Moreno.

Vocal secretario titular: Eduardo Bayo Pérez.

Concurso nº: 046.

Nº sorteo: 29797.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Juan Jesús Fernández Cainzos.

Vocal secretario titular: Antonio Erias Rey.

Concurso nº: 048.

Nº sorteo: 29798.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: física aplicada.

Presidente titular: M. Inmaculada Paz Andrade.

Vocal secretario titular: Luis Fernando Barral Losada.

Concurso nº: 050.

Nº sorteo: 29799.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico.

Presidente titular: Francisco Labrador Encinas.

Vocal secretario titular: Fco. Javier Pérez Pareja.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

* Concursos convocados por resolución da universidade do 19-6-1995 (BOE do 18-7-1995).

Concurso nº: 1312.

Nº sorteo: 29828.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: historia da arte.

Presidente titular: Ignacio Luis Henares Cuellar.

Vocal secretario titular: José Manuel Cruz Valdoviños.

Concurso nº: 1322.

Nº sorteo: 29829.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica das ciencias experimentais.

Presidente titular: Esteban de Manuel Torres.

Vocal secretario titular: Rosalía Díaz González.

* Concursos convocados por resolución da universidade do 29-11-1995 (BOE do 19-12-1995).

Concurso nº: 1337.

Nº sorteo: 29830.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: comunicación audiovisual e publicidade.

Presidente titular: Margarita Ledo Andión.

Vocal secretario titular: José Soengas Pérez.

Concurso nº: 1338.

Nº sorteo: 29831.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía grega.

Presidente titular: Juan José Moralejo Álvarez.

Vocal secretario titular: María José García Blanco.

Concurso nº: 1339.

Nº sorteo: 29832.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía latina.

Presidente titular: María del Dulce Nom. Estefanía Álvarez.

Vocal secretaria titular: Yolanda García López.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA

TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA

2635

Resolución do 1 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras de clave N/PO/94.2, N/PO/89.4.2, N/PO/95.2 e AP/PO/95.1.

A) Obra.

1. Proxecto de construcción estrada PO-233. Treito: Pontevedra-Cotobade.

Clave: N/PO/94.2

Orzamento: trescentos cincuenta e un millóns duascentas setenta e cinco mil cincocentas trinta pesetas (351.275.530).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría c. Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 7.025.511.

2. Proxecto de construcción: enlaces e reordenación de accesos e beiras na estrada Atios-Salceda-Salvaterra.

Clave: N/PO/89.4.2.

Orzamento: douscentos sesenta e sete millóns oitenta e oito mil trinta e cinco pesetas (267.088.035).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 5.341.761.

3. Proxecto de construcción estrada PO-262. Treito: Vilasobroso-Mondariz.

Clave: N/PO/95.2.

Orzamento: cento oitenta e cinco millóns setecentas setenta e catro mil novecentas sesenta e catro pesetas (185.774.964).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 3.715.499.

4. Proxecto de construcción: acondicionamento da plataforma na C-550. Treito: Vilagarcía de Arousa-Pontecesures.

Clave: AP/PO/95.1.

Orzamento: cento noventa e catro millóns catrocentas trinta e nove mil seiscentas dezanove pesetas (194.439.619).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 3.888.792.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de compostela, 1 de abril de 1996.

P.D.(O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2614

Resolución do 21 de marzo de 1996 pola que se convoca o concurso público 11/1996 para adquisición de diverso material mobiliario con destino ó comedor universitario de Elviña e ó pavillón de Ferrol, dependentes desta consellería.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convoca-lo concurso público nº 11/1996 para a adquisición de diverso material mobiliario con destino ó comedor universitario de Elviña e ó pavillón de Ferrol, dependentes desta consellería.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administratiavas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio de San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos cómpre dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11 Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e no Bolefín Oficial del Estado e rematará o 20 de maio ás 14 horas.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o mércores 22 de maio a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: 1 mes contado desde a notificación da adxudicación.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Orzamento de licitación: 48.873.000 ptas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2230

Resolución do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52699).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Modificación de anteproxecto de subestación transformadora 66/20 kV de Negreira, trasladando seu anterior emprazamento en Abeanca ó novo, nas inmediacións de Os Campos, sendo as súas características:

-Dous módulos de liña 66 kV.

-Un módulo de protección do transformador.

-Un transformador de potencia de 15 MVA e relación de transformación de 66/20 kV.

-Cinco saídas de liña a 20 kV.

-Equipos auxiliares de protección, mando, sinalización e control. Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 28 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2446

Resolución do 11 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/11-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: C.T. de 400 kVA en Ponte do Sar.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: centro de transformación en caseta prefabricada formigón, en r/ Ponte do Sar, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, alimentado por tramo de liña subterránea de 30 m de lonxitude, baixo tubo e con conductor R.H.V 12/20 de 3(1x150) mm Al, que entronca na liña de dobre

circuíto denominada de circunvalación a Santiago de Compostela (Expte. 10513). Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2447

Resolución do 11 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/17-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 CEE.

Denominación: L.M.T. a 20 kV e C.T. de 160 kVA, R.B.T. en Mastontan e Bargo.

Situación: Outes.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 1.012 m de lonxitude, con orixe no apoio número 1 da liña que alimenta o C.T. Valadares e final no lugar de Mastontan. Centro de transformación aéreo, de 160 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Mastontan, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. en seccións de 95, 50 y 25 mm Al e 1.050 m de lonxitude discorrendo polos lugares de Mastontan e Bargo. Serra de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2445

Resolución do 11 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/27-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: R.B.T. de Gándara e Liñares.

Situación: O Pino.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión a 380-220 V, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.646 m de lonxitude, en seccións de 95, 50 e 25 e LC-28, con orixe nos CC.TT denominados Gándara e Pastor e discorrendo polos lugares de Gándara, Liñares e A Igrexa. Concello do Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2448

Resolución do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/18-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T. a 20 kV, C.T. de 160 kVA e R.B.T.

Situación: Serra de Outes.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 287 m de lonxitude, con orixe no apoio número 47 da liña Brión-Outes III e final no lugar de Touzas. Centro de transformación aéreo de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Touzas, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. en seccións de 95, 50 e 25 mm Al e 910 m de lonxitude. Serra de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2440

Resolución do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/37-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subestación Negreira-Lameiro.

Situación: Negreira.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-110, de 2.508 m de lonxitude, con orixe na subestación de Negreira e final no último apoio da liña existente que alimenta ó C.T. lameiro-Gorgal (Expte. 51669). Concellos de Negreira e A Baña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2627

Resolución do 29 marzo de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación da asistencia técnica para a organización das xornadas Administracións autonómicas e museos: cara a un modelo racional de xestión.

Esta Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a asistencia técnica que se cita:

-Organización das xornadas autonómicas e museos: cara a un modelo racional de xestión.

Orzamento de licitación: 9.000.000 de ptas. (nove millóns de pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: quince (15) días.

Clasificación requirida: non se esixe.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposición dos pregos: o prego de características técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións pro

vinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da consellería.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

2628

Resolución do 29 marzo de 1996, pola que se anuncia, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación da subministración de armarios corredíos para o depósito do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Esta Consellería de Cultura, unha vez cumprido os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a subministración que se cita:

-Dotación de armarios corredíos para o depósito do Centro Galego de Arte Contemporánea:

Orzamento de licitación: 24.029.337 ptas. (vintecatro millóns vintenove mil trescentas trinta e sete pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Clasificación requirida: non se esixe.

Fianza provisional: 480.587 ptas. (catrocentas oitenta mil cincocentas oitenta e sete pesetas).

Exposición do proxecto: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

CONSELLERÍA DE PESCA,

MARISQUEO E ACUICULTURA

2637

Resolución do 28 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación de consultoría e asistencia para o traslado de cento corenta e tres (143) bateas dos polígonos «A», «B», «C», «D», «E» e «G» de Redondela.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de consultoría e asistencia para o traslado de cento corenta e tres (143) bateas dos polígonos «A», «B», «C», «D», «E» e «G» de Redondela polo procedemento aberto por concurso, cun orzamento máximo de quince millóns setecentas trinta mil pesetas (15.730.000 ptas). A citada contratación realizarase nos seguintes lotes:

Lote nº 1. Traslado de setenta e un (71) bateas correspondentes ó polígono Redondela «A», o orzamento de licitación alcanzará un máximo de sete millóns oitocentas dez mil pesetas (7.810.000 ptas).

Lote nº 2. Traslado de setenta e dous (72) bateas correspondentes 16 ó polígono Redondela «A», 31 ó «B», 6 ó «C», 8 ó «D», 2 ó «E» e 9 ó «G», o orzamento de licitación alcanza un máximo de sete millóns novecentas vinte mil pesetas (7.920.000 ptas).

Prazo de execución: sesenta (60) días.

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, en días e horas de oficina nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5 2º, Santiago de Compostela, así como nas súas delegacións territoriais.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral de esta consellería, así como nos rexistros das suas delegacións territoriais. O prazo de admisión finalizará ás catorce (14) horas do primeiro día hábil no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación de esta

resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce (14) horas do seguinte día hábil. En caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitiráselle un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se comunique a presentación da oferta.

A apertura de plicas terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o terceiro día hábil seguinte o do remate do prazo de presentación de propostas ás dez (10) horas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo, en que se pasará ó primeiro día hábil seguinte.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios en relación proporcional á contía dos lotes asignados.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

1883

Cédula de notificación do 1 de marzo de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-699/1995 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (Praza de España, 2-2º), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-699/1995

Denunciado: Vicente Romaus Piñeiro

Domicilio: As Viñas, s/n-O Baño-Mugardos

Nº de expediente: C-968/1995

Denunciado: Rosario Moya Leira

Domicilio: Mosterio de Monfero, 53-3º Esq.-Ferrol

Nº de expediente: C-1204/1995

Denunciado: Constantino Carballeira Pérez

Domicilio: Emilia Pardo Bazán, Bl.47, baixo Esq.-Ferrol

Nº de expediente: C-1467/1995

Denunciado: Manuel Grandal Fernández

Domicilio: San Roque, 17 baixo Esq.-Narón.

Nº de expediente: C-1667/1995, C-1958/1995 e C-1970/1995

Denunciado: Guillermo Regueiro Peinado

Domicilio: Travª Fieiteiras, 6-Mugardos

A Coruña, 1 de marzo de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado Territorial da Coruña

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

2402

Resolución do 18 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a subministración e personalización de 460.000 unidades de tarxeta de plástico, para o proxecto de tarxeta sanitaria.

1. Obxecto e orzamento: subministración e personalización de 460.000 unidades de tarxeta de plástico, para o proxecto de tarxeta sanitaria, polo importe máximo de 31.000.000 de ptas., IVE incluído.

2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Subdirección Xeral de Planificación y Aseguramiento (Secretaría Xeral), edificio administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

6. Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Admisión de variantes: non se admiten.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral del Servicio Galego de Saúde

9602404

Resolución do 20 de marzo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para adquisición de material de limpeza, aseo e dun só uso (expediente 12/1996); adquisición de equipos dun só uso para quirófano (expediente 13/1996); adquisición de esparadrapo, apósitos, cueiros, empapadores, compresas tocolóxicas (expediente 14/1996) para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

-Expediente 12/1996:

Obxceto: adquisición de material de limpeza, aseo e dun só uso.

Orzamento: 15.810.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 13/1996:

Obxecto: adquisición de equipos dun só uso para quirófano.

Orzamento: 26.730.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 14/1996:

Obxecto: adquisición de esparadrapo, apósitos, cueiros, empapadores, compresas tocolóxicas.

Orzamento: 23.237.000 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: inmediato desde a formalizacion do contrato, con entregas parciais do material adxudicado, segundo as necesidades do centro fixadas polos servicios competentes, ata 31-12-1996.

Admisión de variantes: admitiranse como máximo dúas variantes por producto.

Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas as que se licite.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracions públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº119, do 19 de maio).

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas, (BOE nº 119, do 19 de maio).

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 4 puntos.

-Calidade: ata 3 puntos.

-Prazo de execución e entrega: ata 2 puntos.

-Características técnicas e funcionais: ata 1 punto.

Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicions: a apertura das proposicións admitidas será realizarada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 20 de marzo de 1996.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

CONCELLO DE CULLEREDO

2631

Corrección de erros.

No DOG nº 52, do 13 de marzo de 1996 e no BOP nº 61, do día 14 seguinte, publícanse anuncios de convocatoria por este concello de concurso con procedemento aberto para a contratación de asistencia técnica para a confección da cartografía do termo municipal de Culleredo.

A clasificación esixida é a seguinte: grupo I, subgrupo 1, categoría c, figurando por erro no anuncio categoría A.

O prazo de presentación de proposicións comezará a conta-lo día seguinte ó da última publicación deste anuncio (DOG ou BOP).

CONCELLO DE SAN XOÁN

DE RÍO

2186

Anuncio.

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de decembro de 1995, acordou convocar concurso-oposición libre para prover unha praza da escala da Administración xeral, subescala auxiliar administrativo.

Na mesma sesión aprobáronse as bases do programa que rexerá as probas referidas.

No BOP nº 51, do 1 de marzo de 1996, publícanse as bases que rexerán a convocatoria.

As instancias para tomar parte nas probas presentaranse no rexistro xeral do concello de San Xoán de Río (Ourense), no prazo dos 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE. Tamén se poderán presentar nos rexistros quedetermina o artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Os dereitros de exame fíxanse en 2.000 ptas.

A oferta de emprego foi publicada no BOE nº 35, do 9 de febreiro de 1996.

San Xoán de Río, 13 de marzo de 1996.

Pedro Fernández Fernández

Alcalde

CONCELLO DE VILARMAIOR

1961

Anuncio.

Publicadas no BOP nº 277 do 2 de decembro de 1995 as bases da convocatoria para provisión en propiedade dunha praza de operario de servicios múltiples polo sistema de concurso-oposición incluída na oferta de emprego público de 1995; aprobada a súa modificación polo Pleno do Concello en sesión do 28 de decembro de 1995, publicada esta no BOP nº 19 do 24 de xaneiro de 1996.

Faise saber que a presentación de solicitudes para participar nas probas selectivas será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios deste concello e no BOP da Coruña.

Vilarmaior, 27 de febreiro de 1996.

José Benito Souto Lourido

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273