Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 1996 Páx. 3.238

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 marzo de 1996 pola que se resolve convocatoria, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 7 de febreiro de 1996 (DOG nº 38, do 22 de febreiro de 1996).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polo artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, (modificado polas leis, 4/1991 e 3/1995), da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario do que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde curse alta o funcionario, realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándo previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación e código do posto: xefe de Servicio de Coordinación do Sistema Universitario. ED.C05.00.001.15770.003.

Dependencia: Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Valiño García, Xavier.

NRP: 33.303.976.68.A2060.

9602460