Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 1996 Páx. 3.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 1 de marzo de 1996 pola que se convocan cursos de formación de biblioteconomía e animación á lectura para profesionais de bibliotecas, ensinantes e animadores socioculturais.

O artigo 15.2º da Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas (DOG do 24-10-1989) considera a importancia e necesidade da formación permanente do persoal bibliotecario en exercicio a través da realización de cursos e seminarios que lle permitan actualiza-las técnicas de traballo e poñerse ó día naqueloutras que, aplicadas ás bibliotecas, poidan ofrecer un mellor servicio á comunidade á que serven. Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse cursos de formación de biblioteconomía e animación á lectura para profesionais de bibliotecas, ensinantes e animadores socioculturais que traballen en bibliotecas públicas ou escolares. O custo destes cursos farase efectivo con cargo á aplicación presupostaria 10.02.353D.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Artigo 2º

No anexo I desta orde enuméranse os cursos convocados, con especificación de nivel, duración, lugar e data de celebración, número de prazas, temario e persoas ás que van dirixidos.

Artigo 3º

3.1. Poderán optar a estes cursos os bibliotecarios, ensinantes e animadores socioculturais que traballen en bibliotecas públicas ou escolares en calquera categoría profesional.

3.2. Non se poderán solicitar cursos de igual denominación e nivel xa realizados en anos anteriores.

3.3. Non poderán solicitar cursos aquelas persoas que anteriormente fosen seleccionadas para participar nalgún curso e non asistisen sen xustificalo por escrito á Consellería de Cultura.

Artigo 4º

As persoas que desexen realizar algún dos cursos convocados presentarán unha solicitude por cada un deles segundo modelo do anexo II desta orde nun prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou segundo establece o artigo 38.4º da da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Na solicitude farase consta-lo curso que se solicita e a orde de preferencia dos cursos solicitados.

Documentación:

-Solicitude (anexo II).

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Certificación do director do centro de traballo, ou da entidade da que dependa a biblioteca de que o interesado desenvolve traballos directamente relacionados cos contidos do curso, e que conta con permiso para asistir ó mesmo (un certificado por curso facendo consta-lo nome do curso solicitado).

-No caso de solicitar cursos de perfeccionamento é imprescindible ter realizados os cursos de iniciación convocados pola Consellería de Cultura directamente relacionados con aqueles e acompañarase copia dos certificados correspondientes.

Artigo 5º

Recibidas as solicitudes de asistencia a cursos e maila súa documentación, estas serán avaliadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Cultura e o director xeral de cultura elevará proposta ó conselleiro de Cultura, quen resolverá.

Artigo 6º

A selección dos asistentes ós cursos farase por rigorosa orde de entrada de solicitudes entre todos aqueles que cumpran as condicións esixidas para cada curso. Os colexios, bibliotecas e centros onde se realicen os cursos disporán de dúas prazas para persoal dos seus servicios bibliotecarios.

Artigo 7º

A inasistencia a un curso sen causa xustificada será motivo de exclusión de novos cursos durante os tres próximos anos. A falta xustificada a máis dun 10% das horas totais do curso levará consigo a non obtención do certificado de asistencia.

Artigo 8º

Os asistentes ós cursos recibirán á súa finalización un certificado de asistencia con especificación de horas impartidas. Naqueles cursos nos que se realice a valoración dos coñecementos adquiridos, o certificado será de asistencia e aproveitamento.

Artigo 9º

A Consellería de Cultura poderá encarga-la realización técnica destes cursos a profesionais especialistas nas materias que vaian impartirse, ou a asociacións profesionais, sendo en calquera caso competencia da consellería a aprobación do profesorado proposto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Cultura para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

Sr. Director Xeral de Cultura

ANEXO I

Cursos

-Introducción ás bibliotecas públicas.

Duración: 20 horas.

Lugar: A Coruña e Vigo.

Data: días 6, 7, 8, 9 e 10 de maio na Coruña.

Días 24, 25, 30 de maio e 1 de xuño en Vigo.

Horario: sesións de mañá e tarde.

Destinatarios: terán prioridade os bibliotecarios municipais, en especial os encargados de bibliotecas de recente creación e los encargados de bibliotecas de asociacións culturais.

Número de prazas: 30.

Temario: introducción á xestión dunha biblioteca. Papel que desempeñan as bibliotecas públicas na nosa sociedade.

-Bibliotecarios escolares (iniciación).

Duración: 40 horas.

Lugar: Santiago de Compostela.

Data: setembro.

Horario: a determinar.

Destinatarios: bibliotecarios escolares.

Número de prazas: 25.

Temario: bibliotecas escolares: organización e xestión. Fondos. Proceso técnico dos fondos. Libros infantís. O bibliotecario como educador. As bibliotecas escolares, outra forma de ensino medio.

-Animación á lectura (perfeccionamento).

Duración: 40 horas.

Lugar: Santiago de Compostela e Vigo.

Data: 20 e 27 de abril, 4, 11 18 e 25 de maio, 1 e 8 de xuño.

Horario: de 10 a 15 horas.

Destinatarios: terán prioridade os bibliotecarios municipais, animadores socioculturais que traballan en concellos ou centros educativos e profesores non universitarios.

Número de prazas: 30.

Temario: coñecemento dos obxectivos, metodoloxía e pedagoxía da educación lectora.

-Libros electrónicos ¿como ler e que ler?.

Duración: 10 horas.

Lugar: Santiago de Compostela.

Data: outubro.

Horario: a determinar.

Destinatarios: terán preferencias as persoas a traballar en bibliotecas públicas municipais e do Estado.

Número de prazas: 25.

Temario: descripción e forma de acceso ós novos medios. Libros interactivos multimedia. A edición óptica. Libros nas redes de telecomunicación. Repercusión no lector, no docente e no bibliotecario.

-Internet para bibliotecarios.

Duración: 40 horas.

Lugar: Santiago de Compostela.

Data: novembro.

Horario: a determinar.

Destinatarios: preferentemente titulados superiores e medios con responsabilidade na dirección o no servicio de información de centros bibliotecarios, que conten con sistema informático.

Número de prazas: 25 prazas.

Temario: a rede Internet aspectos básicos. Funcións básicas da Internet. Os servicios avanzados da Internet. Prácticas de acceso ós recursos segundo o tipo de bibliotecas e usuarios.

-Catalogación, clasificación e encabezamiento de materias.

Duración: 40 horas.

Lugar: Vigo.

Data: 29, 30 abril e 2 ó 10 maio.

Horario: de 16.30 a 21.30 horas.

Destinatarios: terán prioridade os bibliotecarios municipais, en especial os encargado de bibliotecas de recente creación.

Número de prazas: 25.

Temario:

-Catalogación, xestión e automatización de publicacións periódicas.

Duración: 20 horas.

Lugar: Lugo.

Data: 30 setembro ó 4 de outubro.

Horario: 16.30 a 20.30 horas.

Destinatarios: bibliotecarios en activo con cursos ou coñecementos acreditados de catalogación.

Número de prazas: 25.

Temario: sistemas de control e circulación manual das publicacións periódicas. Catalogación de coleccións e catalogación analítica. Automatización de publicacións periódicas. O formato Ibermare para as publicacións periódicas. Xestión automatizada de

publicacións sen formato Ibermarc. Creación e mantemento de bases de datos de publicacións periódicas.

-Iniciación á documentación.

Duración: 15 horas.

Lugar: A Coruña.

Data: do 8 ó 11 de outubro.

Horario: de 16.30 a 20.30 horas.

Destinatarios: bibliotecarios e documentalistas que traballen en bibliotecas especializadas e centros de documentación, preferentemente.

Número de prazas: 25 prazas.

Temario:

-Seminario sobre a ilustración do libro infantil e xuvenil.

Duración: 10 horas.

Lugar: Chantada (Lugo).

Data: 24 e 25 de maio.

Horario: día 24, de 18 a 21 horas; día 25, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

Destinatarios: persoas traballando en bibliotecas infantís ou nas bibliotecas con sección infantil.

Número de prazas:

Temario: técnicas de ilustración. A súa valoración nos libros infantís. Títulos, autores e tendencias que existen no mercado.

-Materiais audiovisuais: planificación e xestión do servicio.

Duración: 10 horas.

Lugar: A Coruña.

Data: 7 e 8 de xuño.

Horario: de 10 a 14 e de 16.30 a 19.30 do venres; de 10 a 13 do sábado.

Destinatarios: preferentemente encargados de bibliotecas con materiais audiovisuais.

Número de prazas: 25.

Temario: planificación e instalación. Selección e adquisición. Catalogación, clasificación e indización. A legalidade vixente. Os usuarios. Estatísticas do servicio.

-A atención ó público nas bibliotecas e outros centros de información.

Duración: 15 horas.

Lugar: Ourense.

Data: 29, 30 e 31 de maio.

Horario: tarde.

Destinatarios: encargado de bibliotecas públicas municipais ou de servicios de información, preferentemente.

Número de prazas: 25.

Temario: introducción e obxectivos. O usuario nas bibliotecas.O persoal dos centros. A atención ó usuario. Mercadotecnia e administración.

-Automatización de bibliotecas: selección, deseño e implementación dun sistema automatizado de xestión de bibliotecas.

Duración: 15 horas.

Lugar: Santiago de Compostela.

Data: 6, 7 e 8 de xuño.

Horario: de mañá e tarde.

Destinatarios: persoal de bibliotecas con sistema automatizado de xestión ou no proceso de telo.

Número de prazas: 25.

Temario: elección de sistemas informáticos de xestión de bibliotecas. Estado da informatización da Biblioteca Nacional e da Rede de Bibliotecas Públicas do Estado. Análise da información dos fondos e exemplares. Normativa e situación internacional e española.

877