Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 1996 Páx. 3.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/132-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Costoia.

Situación: Ames (A Coruña).

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 92 m de lonxitude, en LA-56, entre os apoios 18 e 20 da L.M.T. Lamas-Ortoño (Expte. 6046). Ramal de 4 m de lonxitude, en LA-56, que parte do apoio nº 20 da L.M.T. anterior e remate no C.T. que se vai construír tipo aéreo de 100 kVA en Costoia. Concello de Ames.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 7 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9602285