Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben por que intentada a notificación non sepuido efectuar (expedientes número DX-00258-I-95 e un máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras

dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públi

cas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.q.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00258-I-95

M-02111-VE

LE9OR0033289433

Setrans Ibérica, S.L.

Antonio López 78

28019 Madrid

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de autorización administrativa.

23-5-1995; 11.44; N-VI; 496,600

Art. 140 a) LOTT

Art. 197 a) RGTO

143 LOTT

201 RGTO

250.000

LU-01408-O-95

LU-4783-J

GCT1525/32419004

Cadmitrans, S.L.

Avda. da Coruña 99

27003 Lugo

Circular realizando un transporte público, carecendo da tarxeta de transportes.

3-4-1995; 15.00; LU-652; 1

Art. 140 a) LOTT

Art. 197 a) RGTO

143 LOTT

201 RGTO

250.000

e precin-

tado do

vehículo

por tres

meses

2332