Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de febreiro de 1993 pola que se concede autorización definitiva e se amplía o número de unidades do centro de educación secundaria María Assumpta de Noia (A Coruña).

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 33, do 18 de febreiro de 1993, cómpre efectua-los correspondentes correccións:

-Na páxina 1.312, onde di: «Concede-la ampliación do centro Mª Assumpta de Noia (A Coruña) en 8 unidades, ademais das xa autorizadas na actualidade de infantil (5 unidades), primaria, ensino xeral básico (16 unidades) e formación profesional (3 unidades)», debe dicir: «Concede-la autorización definitiva para 8 unidades de educación secundaria obrigatoria ó centro María Assumpta de Noia, quedando constituído con 5 unidades de educación infantil, 12 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria e 3 unidades de formación profesional de primeiro grao da rama administrativa e comercial, profesión administrativa».

2271