Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.138

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 marzo de 1996 pola que se anuncia a celebración da VI xornada sobre o Estatuto de autonomía de Galicia.

A EGAP, no seu afán de promocionar e divulgar estudios e investigacións sobre a nosa norma institucional básica, vén organizando unhas xornadas cada ano e desde 1991.

En execución do seu plan de formación para 1996, anuncia a celebración da VI Xornada sobre o Estatuto Autonomía de Galicia, que se celebrará conforme as seguintes bases:

1ª. Obxectivos: o estudio e debate de asuntos relacionados co desenvolvemento do Estatuto de Autonomía de Galicia.

2ª. Destinatarios: funcionarios das administracións públicas, profesionais do dereito e da ciencia política, estudiantes universitarios e interesados en xeral.

3ª. Lugares e datas: a mesma xornada terá lugar na cidade da Coruña o 23 de abril e na cidade de Vigo o 24 de abril.

4ª. Horarios: a partir das 9.30 h, en sesións de mañá e tarde.

5ª. Prazas: limitadas á capacidade dos locais.

6ª. Contido: versará sobre temas relacionados co Estatuto de autonomía de Galicia.

7ª. Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela. Telf.

57 08 00 Fax 57 15 40. As solicitudes podránse enviar por correo ou fax ó número indicado.

-Forma: segundo modelo oficial que figura ó final desta convocatoria.

-Prazo: remata ó 19 de abril. Unha vez rematado o prazo e no caso de esixiren prazas vacantes, admitiranse as peticións que cumpran os requisitos xerais da convocatoria.

8ª. Publicación e notificación da selección: a partir do 22 de abril, os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por Telf. en días laborables de 12 a 14.30 h ó número (981) 57 08 00 (Ext. 256) ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2383