Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de febreiro de 1996 pola que se concede autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, no nivel de educación infantil-segundo ciclo, ó centro privado Hijas de Jesús da Coruña, do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Hijas de Jesús da Coruña en solicitude de autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, no nivel de educación infantil-2º ciclo no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Resultando que o centro obtivo, por Orde do 26 de agosto de 1974, a clasificación definitiva para 33 unidades de EXB.

Resultando que o centro solicita a transformación de nove destas unidades en nove unidades de educación infantil-2º ciclo.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixente na materia. Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizarlle ó centro privado Hijas de Jesús da Coruña a creación de nove unidades de educación infantil-2º ciclo por transformación de nove unidades de educación primaria.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Estrada da Zapateira, 18.

Denominación: Hijas de Jesús.

Titular: Congregación Hijas de Jesús.

Composición resultante:

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades que se autorizan: 9.

NIvel: educación primaria.

Unidades que se autorizan: 24.

96-2225