Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 25-1-1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular por Puente Bolera, S.A. e redactado polo arquitecto Alfredo Díaz Grande, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG o día 8-5-1995, coa finalidade de ordena-los volumes do baixo cuberta do edificio en construcción sito na avenida de Vigo, esquina á rúa Fernando II e rúa transversal a esta.

Segundo.-Dispoñe-la publicación do presente acordo no BOP, comunicándolle á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, este acto administrativo no prazo de seis días contados desde a súa adopción.

O que se fai público para a executividade deste, e significase que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

1578