Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.061

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas, a Ana Dorotea Tarrío Tobar.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril) para a provisión da praza número 95/017 de catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas, a favor de Ana Dorotea Tarrío Tobar, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana Dorotea Tarrío Tobar, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas desta universidade.

A Coruña, 13 de marzo de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

9602298