Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia o concurso público 1/1996 por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza do centro de saúde de Lérez.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxeto: contratación do servicio de limpeza do centro de saúde de Lérez.

Orzamento: 5.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1996.

Solvencia económica e financieira: deberá acreditarse mediante algúns dos medios seguintes:

1. Xustificante da existencia dun seguro de indemnizacións por riscos profesionais.

2. Declaración da cifra de negocios globais da empresa no curso dos tres últimos exercicios.

3. Por calquera outro medio dos establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995.

Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto e tramitación de urxencia.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta, 36204 Vigo, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4 % do orzamento de licitación.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 - Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Vigo) ás 9 horas

do sétimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos recollidos no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 21 de febreiro de 1996

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo

96-2394