Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 19 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-51/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia. Oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-51/1995.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI nº: 34.982.163

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, 202-1º D. A Rúa-Ourense.

Feitos imputados: transportar animais no automóbil matrícula OR-3114-P, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria e do documento acreditativo de te-lo automóbil rexistrado na delegación de Agricultura para transportar animais.

Tipificación infracción do Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigos 32 e 52.

Precepto sancionador: artigos 212 e 215.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción imposta: 5.000 pesetas.

Lugo, 19 de febreiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

1778