Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores I-46/95 e I-194/95 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE, do 27-11), notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución de ditos expedientes, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 120.597 do Banco

Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993 de 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 13 de febreiro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Preceptos

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoInfrinxidoSancionadorSanción

I-46/95José Manuel Coya Alonso

r/ Camiño Sobrido, 7

36948 Pintens O Hío

Abandono dun vehículo en masa forestal.Art. 137 e) do regulamento da Lei de I.F.Art. 139 do regulamento da Lei de I.F.50.000
I-194/95María C. González Granja

r/ Portanet, 22

36210 Vigo

Abandono dun vehículo en masa forestal.Art. 137 e) do regulamento da Lei de I.F.Art. 139 do regulamento da Lei de I.F.50.000

96-1734