Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público aberto para a subministración de apósitos, colares e outros (C.P. 21/1996).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:

Suministro: apósitos, colares e outros.

Orzamento: 17.148.250 ptas, IVE incluído.

Fianza provisional: 342.965 ptas.

Lote 1: apósito 10x20.

Orzamento: 2.835.000 ptas.

Fianza provisional: 56.700 ptas.

Lote 2: apósitos biolóxicos antiescaras (10x10;15x15;20x20).

Orzamento: 2.441.250 ptas.

Fianza provisional: 48.825 ptas.

Lote 3: apósito transparente (pequeno, mediano, grande).

Orzamento: 2.199.492 ptas.

Fianza provisional: 43.990 ptas.

Lote 4: compresa tocolóxica.

Orzamento: 2.743.650 ptas.

Fianza provisional: 54.873 ptas.

Lote 5: colar cervical (pequeno, mediano, grande).

Orzamento: 1.495.000 ptas.

Fianza provisional: 29.900 ptas.

Lote 6: colar filadelfia (pequeno, mediano, grande).

Orzamento: 1.903.500 ptas.

Fianza provisional: 38.070 ptas.

Lote 7: lentinas (1406 13x51; 1402 13x25; 1404 13x38).

Orzamento: 1.965.483 ptas.

Fianza provisional: 39.310 ptas.

Lote 8: tapón nasal.

Orzamento: 1.564.875 ptas.

Fianza provisional: 31.298 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse: primeira entrega ós 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VI. Criterios de adxudicación: oferta económica ata un máximo de 75 puntos; calidade dos materiais ata un máximo de 20 puntos e EDI sanitario + código de barras EAN ata un máximo de 5 puntos.

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo, planta soto). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral mencionado en el apartado VII, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

IX. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

X. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato/s.

A Coruña, 4 de marzo de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

2058