Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/143-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Subest. Palmeira-Sirves-Tomada, derivación Salmóns.

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20/24 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 16.289 m de lonxitude, nos seguintes tramos:

tramo I: desde a subestación de Palmeira a Mourelos, apoios do 0 ó 11, de 987 m de lonxitude.

Tramo II: desde o apoio 11 tramo anterior a polígono de Tomada, de 2.325 m de lonxitude.

Tramo III: desde o apoio 11 da de Palmeira-Mourelo o lugar de Salmón, de 4.223 m de lonxitude.

Tramo IV: desde o lugar de Salmón a Artes, entre os apoios 33 e 42, de 1.196 m de lonxitude.

Tramo V: desde Artes no apoio 42 ó lugar de Sirves, de 1.500 m de lonxitude.

Tramo VI: derivada ó C.T. Salmón, de 206 m de lonxitude.

Tramo VII: derivada o C.T. Sego, de 330 m de lonxitude.

Centros de transformación aéreos, de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Salmón e Sego.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9601912