Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. Tiro Naval Janer, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde ó C.T. existente Exército e Mariña rematando no C.T. que se proxecta en Tiro Naval Janer, concello de Marín.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterrénea, a 20 kV, de 682 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V.
Orzamento: 14.595.808 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 28 de febreiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2097