Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996 pola que se designa un vocal da comisión que efectuará a selección dos aspirantes que soliciten participar nos cursos IX, X, XI, XII e XIII para a obtención do diploma de directivo.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995), polo que se regula o diploma de directivo, establece que, entre os vocais da comisión que efectúe a selección dos aspirantes que soliciten participar nos cursos para a obtención do citado diploma, figurará un profesor, representante das universidades de Galicia.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro.-Designar a José Vilas Nogueira como vocal da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos cursos IX, X, XI, XII e XIII para a obtención do diploma de directivo.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2317