A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 de 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de material de incontinencia.
Obxecto e orzamento.
A subministración de material de incontinencia por un orzamento máximo de 14.000.000 de ptas. (IVE engadido).
Prazo de entrega.
O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.
Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno.(982) 29 65 52 e Fax (982) 21 29 24.
Fianzas.
Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 280.000 ptas., e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Ley 13/1995 de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Clasificación.
Non se precisa.
Criterios de adxudicación.
Prezo ata 5 puntos.
Calidade ata 4 puntos.
Prazo de entrega ata 2 puntos.
Admisión de variantes.
Non se admiten variantes.
Presentación de proposicións.
As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publibación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.
Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.
Lugo, 5 de febreiro de 1996.
Luis E. Vicente Sánchez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
1969