Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 7 de xullo de 1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso ordinario número 95/0224, interposto contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, do 7 de xullo de 1995, denegatorio de autorización para a construcción dunha vivenda unifamiliar, en solo non urbanizable, no lugar de Porto Ameneiro, do concello de Teo; da que a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso ordinario número 95/0224, interposto por Luciano Fernández Rueda, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, do 7 de xullo de 1995, denegatorio de autorización para a construcción dunha vivenda unifamiliar, en solo non urbanizable, lugar de Porto Ameneiro, do concello de Teo, que, en consecuencia se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que lle debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.».

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2105