Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx. 2.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convoca información pública sobre modificación da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Castelo e Pontevedra: V-2999; XG-337.

A empresa Líneas Pontevedresas de Autobuses, S.L., titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2999; XG-337, entre Castelo e Pontevedra, solicitou autorización para levar a cabo unha modificación de tráficos mediante a incorporación ó itinerario concesional dun anexo entre Pontevedra e A Caeira (zona residencial de Boa Vista e Atalaia).

De conformidade co establecido no artigo 79 do Regulamento de execución da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, os interesados ou afectados neste expediente poderán comparecer no procedemento e, logo de exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo de quince días contados a partir do da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

1785