Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 1996 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e pola tramitación urxente para a contratación das obras de acondicionamento do Pazo de Amarante para destinalo a sede do Consello Consultivo de Galicia. (Expediente: 8/1996).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso polo procedemento aberto, pola tramitación urxente para a contratación das obras de acondicionamento do Pazo de Amarante para destinalo a sede do Consello Consultivo de Galicia. As características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicataria.-Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno. 54 41 34.

Modalidade.-Concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente.

Obxecto.-Obras de acondicionamento do Pazo de Amarante para destinalo a sede do Consello Consultivo de Galicia.

Plazo de execución.-Dous meses.

Orzamento máximo.-Cento vintesete millóns cento noventa e cinco mil nove pesetas (127.195.009 ptas.) IVE incluído.

Forma de pagamento.-Por transferencia, logo de certificación de obra executada.

Clasificación esixida.-Grupo C, subgrupo 6, categoría f.

Documentación de interese para os licitadores.-Estará a dipor dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela.

Presentación de proposicións.-As proposicións elaboraranse segundo modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do décimo

terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores.-A esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.-A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

1882