Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.855

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. VALENCIA CES (A CORUÑA)

ANUNCIO de poxa.

Eu, Pablo Valencia Ces, notario da Coruña, con despacho na rúa Juana de Vega, número 9-2º, fago saber:

Que, a pedimento da sociedade Abeille Previsora Riesgos Diversos, Sociedad Anómina de Seguros y Reaseguros Generales, domiciliada en Madrid, Paseo de la Castellana, 79, inicie con data 15 de decembro

de 1995, procedemento extraxudicial de execución hipotecaria sobre o predio seguinte:

-Formando parte do denominado Lar O Salgueiro, antes edificio San Roque, construído sobre parte da parcela A-43 do polígono de Elviña, 2ª fase. Con acceso polo portal número 2 actual do edificio de vivendas citado, que está situado cara ó centro do dito inmoble, o cal coas súas correspondentes escaleiras e dous ascensore, é utilizado polas vivendas sinaladas coas letras C e D de plantas superiores.

-Número vinteseis, piso primeiro, letra D (1º C). É un local destinado a vivenda, que ocupa parte da planta primeira alta do edificio de vivendas, excluído o que corresponde a elementos comúns. Accédese a el a través do portal número 2 do edificio de vivendas e atópase situado á dereita do relanzo correspondente a esta planta e zona ou ala do edificio, e á esquerda, saíndo dos ascensores desta mesma zona, ocupa unha superficie útil de cento dous metros con corenta e seis decímetros cadrados.

Esta vivenda ten como anexo inseparable e vinculado a ela: o rocho, identificado como D-1, situado na planta de semisoto do edificio de vivendas.

Rexistro da Propiedade número un da Coruña, libro 1.468, folio 164, predio número 68.311-N.

A súa poxa levarase a cabo consonte o seguinte:

1. Data.

Primeira poxa: o 8 de maio de 1996.

Segunda poxa: o 11 de xuño de 1996.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Terceira poxa: o 10 de xullo de 1996.

E en caso de mellora de oferta da terceira poxa, sinálase para a licitación entre os que a melloren e os mellores ofertantes, o 19 de xullo de 1996.

2. Hora e lugar.

Tódalas poxas e, se é o caso, licitación, terán lugar ás dez horas no meu despacho, rúa Juana de Vega, 9-2º da Coruña.

3. Tipo.

Para a primeira poxa: 12.000.000 de pesetas.

Para a segunda poxa: o 65% da cantidade anterior.

Para a terceira poxa: farase sen suxeición a tipo.

4. Documentación.

A documentación e a certificación rexistral poden consultarse na notaría; entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación.

As cargas, gravames e asentos anteriores á hipoteca que se execute, continuarán subsistentes.

5. Consignación previa.

Os ofertantes deberán consignar previamente nesta notaría o trinta por cento do tipo correspodente, ou o vinte por cento do da segunda poxa para tomaren parte na terceira.

6. Cesión de remate.

Só a adxudicación a favor do executante ou o remate en favor deste ou dun acredor posterior, poderá facerse en calidade de cederllo a un terceiro.

A Coruña, 14 de febreiro de 1996.

Rubricado