Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN definitiva do proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense SU-21, Sona 16.

Polo presente anuncio, ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada

o día 10 de novembro de 1995 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, na zona 16 do SU-21, coa documentación reformada en cumprimento do requirido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, en Resolución do 10 de outubro de 1995.

De conformidade co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición de recurso contencioso-administrativo no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Non obstante o recurso indicado, poderá interponerse calquera outro que se considere conveniente.

Este anuncio cumpre o disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño; así mesmo, suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 6 de febreiro de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

2208