Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 114-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2. 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en Avda. de Caión.

-Situación: Arteixo (A Coruña).

-Descripcións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 346 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm AL) que parte da L.M.T. a C.T. Figueroa (Expte. 50395) e remata no C.T. que se vai construír en Avda. de Caión, de 400 kVA a 15.000/380 V. Concello de Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-2004