Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA de notificación do 28 de febreiro de 1996 de resolución relativa ó expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra José E. Martínez Sabarís (expediente: PO-83/460. Cta 2) por resultar descoñecido o seu domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente notifícaselle a José E. Martínez Sabarís, beneficiario da vivenda en réxime de alugueiro, sita na rúa Menéndez y Pelayo nº 17, 2º E de Vigo, correspondente ó expediente PO-83/460. Cta 2 que, con data do 25 de xaneiro de 1996, dictei resolución na que acordei a resolución de pleno dereito do contrato por falta de pagamento das cotas pendentes, e o lanzamento da devandita vivenda.

Requirido para o pagamento dos 88 recibos pendentes que ascenden a un importe de 838.803 ptas. e transcorrido o prazo outorgado sen que o dito requirimento fose atendido, este feito constitúe causa legal suficiente ó abeiro dos artigos 138 e 142 do Decreto 2214/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial para a resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

O lanzamento levarao a cabo polo representante legal da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L., con credencial para o efecto suscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución de actos forzosos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de vivendas de protección oficial, poderá evita-lo lanzamento aboando o total de débeda coa recarga do 10% establecido no artigo 138 do Decreto 2214/1968, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral

7583