Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.781

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 12 de febreiro de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Con

sellería de Cultura, mediante Orde do 2 de xaneiro de 1996 (DOG nº 11 do 16-1-1996), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servicios, ou dun mes, se está en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20

de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.- Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO

Apelidos e nomeNRP ou DNIGrupoNivelCorpo ou

escala

Posto de traballoCód. do postoDependenciaLocalidade
Luis Cajigal Ríos3276975802A

2053

C25XeralSección de Xestión EconómicaCUC0400000157

70011

Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e DocumentalSantiago de Compostela

Javier Fernández Conde3609098135A

2060

A25XeralSección de HabilitaciónCUC0600002157

70012

Centro Galego de Arte ContemporáneaSantiago de Compostela

1845