Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 66/1996, do 15 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros no texto do citado decreto, publicado no DOG nº 43, xoves 29 de febreiro de 1996, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 1.663, no punto B apartado 3, onde di: «Incisión ciste lacrima: 124.200.», debe dicir: «Incisión ciste lacrimal: 24.200.».

-Na páxina 1.663, no punto B, apartado 3, onde di: «Herniorrafía unilatera: 166.000.», debe dicir: «Herniorrafía unilateral: 66.000.».

-Na páxina 1.663, no punto B, apartado 4, onde di: «Por asistencia en urxencias que se presten en institucións sanitarias: 23.00.0», debe dicir: «Por asistencia en urxencias que se presten en institucións sanitarias: 23.000».

Na páxina 1.666, ANEXO II, apartado E, onde di: «Gastos orgoprotésicos», debe dicir: «Gastos ortoprotésicos».

2139