Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
-Denominación: modificado I o proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. en Xoane-Carcacia.
-Situación: Padrón (A Coruña).
-Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 532 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Carcacia (expediente 7286) e remata no C.T. que se vai construir tipo aéreo de 100 kVA no lugar de Xoane-Carcacia e a súa rede de baixa tensión. Concello de Padrón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 15 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
2024