Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 334/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar L.M.T.S. aérea e subterránea e 3 celas de liña no C.T. de Portonovo, concello de Sanxenxo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de L.M.T.S. aérea e subterránea e 3 celas de liña no C.T. de Portonovo, concello de Sanxenxo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 13 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2022