Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo y Cía, S.A., con domicilio en Ponteareas no que solicita autorización para instalar un C.T. no edificio Júpiter, na r/ Redondela, concello de Ponteareas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Sestelo y Cía, S.A. a instalación dun C.T. no edificio Júpiter, na r/ Redondela, concello de Ponteareas.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 12 de febreiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2036