Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación do servicio de mantemento, conservación e reparación das instalacións semafóricas sitas no termo municipal da Coruña.

Obxecto.-Prestación do servicio de mantemento, conservación e reparación das instalacións semafóricas sitas no termo municipal da Coruña. (Ref. As96/5).

Orzamento.-93.836.320 pesetas anuais (IVE incluído).

Garantías.-Provisional: 1.876.726 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.

Clasificación esixida.-Clasificación de contratistas de obras:

Grupo G, subgrupo 5, categoría c.

Grupo I, subgrupo 1, categoría c.

Grupo I, subgrupo 8, categoría c.

Clasificación de empresas consultoras e de servicios:

Grupo III, subgrupo 7, categoría d.

Modelo de proposición.-As proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna....., veciño/a de ...., con enderezo en ...., provisto/a de DNI nº ...., en representación de ...., con enderezo en ....(ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación do servicio de mantemento, conservación e reparación das instalacións semafóricas sitas no termo municipal

da Coruña e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de .... pesetas anuais (IVE incluído), de acordo cos prezos unitarios e restantes condicións que figuran na memoria que xunto.

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co recibo que xunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións.-Presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de mantemento, conservación e reparación das instalacións semafóricas sitas no termo municipal da Coruña».

Prego de condicións.-Poderán ser examinados e retirada copia na unidade de obras e concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

Apertura de plicas.-a apertura das proposicións económicas realizaraa a mesa de contratación en acto público e terá lugar nas casas consistoriais, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

2148