Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación da subministración de material inventariable de laboratorio, polo procedemento aberto, por concurso para os centros de investigación mariña desta consellería.

Entidade adxudicadora: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela.

Orzamento máximo: 9.175.000 ptas.

Prazo de execución: un mes.

Información adicional: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexen o presente procedemento de contratación estarán, para o seu exame, á disposición dos interesados en horario de oficina nos servicios centrais e na Oficina

de Información (edificio administrativo de San Caetano 5, Santiago de Compostela), e nas delegacións territoriais desta consellería.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse no rexistro xeral desta consellería ou nos rexistros das súas delegacións territoriais.

O prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural (artigo 79, da Lei de contratos das administracións públicas) seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións, que será pública, será realizada pola mesa de contratación nas oficinas centrais desta consellería ás 10.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será satisfeito a rateo entre os adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

1606