Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso, con intervención de xurado, de anteproxectos para a construcción dunha ponte sobre o río Miño en Ourense (clave E/SC/96.6).

Concurso con intervención de xurado.

Orzamento: nove millóns de pesetas (9.000.000 ptas.).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora da entidade adxudicadora e do departamento do que poden obterse os documentos complementarios.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 49 86.

Telefax nº: (981) 54 45 29.

2. Descrición do proxecto.

Anteproxecto para a construcción dunha ponte sobre o río Miño en Ourense.

3. Tipo de concurso.

Aberto con participación de xurado.

4.

a) Data límite de recepción das inscricións: 17 de abril de 1996 ás 12 horas.

b) Data límite de recepción dos anteproxectos: 2 de xullo de 1996 ás 12 horas.

5. Se é o caso, indicación de que a participación estea reservada a unha determinada profesión.

Sexa individualmente ou en equipo deberá figurar polo menos un enxeñeiro de camiños, canles e portos con título oficial español ou equivalente do país comunitario de que se trate.

6. Criterios que se aplicarán para valora-los proxectos.

Calidade técnica da solución, funcionalidade, adecuación ó contorno, calidade estética e encaixe orzamentario dentro das previsións da Administración.

7. Posibilidade de que a decisión do tribunal sexa obrigatoria para a entidade adxudicadora.

Obrigatoria.

8. Se é o caso, número e importe dos premios.

Un primeiro premio de 5.000.000 de ptas.

Un segundo premio de 3.000.000 de ptas.

Un terceiro premio de 1.000.000 de ptas.

9. Posibilidade de que se adxudiquen contratos complementarios ós gañadores.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto para a construcción dunha ponte sobre o río Miño en Ourense.

-Asistencia técnica para a dirección de obra para a construcción dunha ponte sobre el río Miño en Ourense.

10. Outras informacións.

O prego de bases estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de recepción de inscricións, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Estradas, Dirección Xeral de Obras Públicas de la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono: (981) 54 49 86.

11. Data de envío do anuncio.

6 de marzo de 1996.

12. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

6 de marzo de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta dos concursantes premiados proporcionalmente á contía dos premios.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2149