Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/13-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subestación Teixeiro. Centro penitenciario.

Situación: Curtis. A Coruña.

Descipcións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea a 20 kV de 3.488 m aéreo e 108 m subterráneo preparada para dobre circuíto da LA-110 e R.H.V. de 3 (1x240 mm Al) con orixe en subterráneo na subestación de Teixeiro e final no apoio nº 22 da L.M.T. proxectada. Concello de Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9601885