Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Méixome (Lalín-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Méixome (Lalín-Pontevedra) que, co obxecto de que tomen posesión provisional deles, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, e fíxase como data límite para a dita toma de posesión, o 20 marzo de 1996, a falta de acordo do propietario deles e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 21 de marzo de 1996, os interesados poderán reclamar, achegando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución lles outorga a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Pontevedra, 12 de febreiro de 1996.

José Félix Hernáez Ruiz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

96-1549