Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.532

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de febreiro de 1996 pola que se regula o procedemento de ingresos e traslados nos centros propios, concertados e con reserva de prazas de atención a persoas con minusvalidez.

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no artigo 27.23º do Estatuto de autonomía de Galicia, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1º 20 da Constitución española, ten competencia exclusiva en materia de acción social, polo que, na súa virtude aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de conformidade cos decretos 287/1993 e 291/1993, do 10 de decembro e 11 de decembro, polos que se establece, respectivamente, a estructura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus departamentos, e o Decreto 198/1994, do 16 de xuño, da súa estructura, é o órgano da Xunta de Galicia ó que lle compete levar a cabo a política en materia de servicios sociais.

Neste eido, e de conformidade co establecido na Lei 4/1993 de servicios sociais, correspóndelle a planificación xeral, a ordenación e coordinación do sistema de servicios sociais coa finalidade de atender de forma adecuada e global as necesidades, facer rende-los recursos dispoñibles e garanti-la calidade na prestación de servicios.

A presente Orde ten por obxecto regula-lo procedemento de ingresos e traslados nos centros de atención a persoas con minusvalidez propios, concertados ou con reserva de prazas, garantíndose os principios de obxectividade, igualdade e publicidade que debe rexer en todo procedemento administrativo.

En virtude do exposto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificado pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposición xerais

Artigo 1º.-Obxecto da presente orde.

É obxecto da presente orde a regulación do procedemento de ingresos e traslados nos centros de atención a persoas con minusvalidez propios, concertados ou nos que, por calquera réxime, existe unha reserva de prazas a favor da Administración autonómica.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

A presente orde será de aplicación ós centros propios, concertados ou con reserva de prazas destinados a proporcionar unha atención integral a minus

válidos, que pola gravidade da súa discapacidade e pola súa problemática sociofamiliar ou económica atopen graves dificultades para acadar unha integración laboral ou social.

Capítulo II

Clasificación dos centros para minusválidos

Artigo 3º.-Da clasificación dos centros para minusválidos.

Os centros para minusválidos clasifícanse en: centros ocupacionais, residencia de minusválidos adultos, centros de día, residencias de minusválidos gravemente afectados e outros centros.

Centros ocupacionais son aqueles que procuran servicios de terapia ocupacional e de axuste persoal e social ós minusválidos en idade laboral que, temporal ou definitivamente, dadas características da súa minusvalez, non poidan acceder a un emprego ordinario ou protexido.

Residencias de minusválidos adultos son aquelas que procuran acollemento e convivencia, temporal ou permanente, ós usuarios habituais dun centro ocupacional, que por razóns sociais, familiares e/ou económicas non poidan permanecer no seu fogar.

Centros de día son aqueles que procuran servicios específicos de apoio preventivo, oferta especializada de recursos e actividades rehabilitadoras a aquelas persoas con minusvalideces graves sempre que dependan doutra persoa para as actividades da vida diaria.

Residencias de minusválidos gravemente afectados son aqueles centros que procuran, en réxime de internado, unha atención integral ás persoas con minusvalideces graves que precisen de axuda doutra persoa para a realización das actividades da vida diaria.

Outros centros de minusválidos son aqueles centros que, atendendo a persoas con minusvalideces, non se adaptan a ningunha das tipoloxías anteriores.

Capítulo III

Beneficiarios

Artigo 4º.-Requisitos xerais.

Poderán solicita-lo ingreso ou traslado nos centros propios, concertados ou con reserva de prazas as persoas minusválidas que reúnan os seguintes requisitos xerais:

1. Teren a cualificación legal de minusválido.

2. Non padeceren enfermidade infecto-contaxiosa nin necesitar atencións de xeito continuado en institucións sanitarias.

3. Non padeceren trastornos mentais graves que poidan altera-la normal convivencia no centro.

4. Acadaren a puntuación mínima esixida para o ingreso no centro solicitado conforme o baremo en vigor.

Artigo 5º.-Requisitos específicos para ingresos.

Como complemento dos requisitos xerais, e tendo en conta o tipo de centro no que o usuario solicita

a súa admisión, debe reuni-los seguintes requisitos específicos:

A) Poderán obte-lo ingreso nos centros ocupacionais e residencias de minusválidos adultos as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

* Estaren en idade laboral.

* Seren valorados e orientados cara a estes centros polo equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente.

* Para o réxime residencial, atopar graves dificultades para poder permanecer no seu fogar por razóns sociais, familiares ou pola distancia xeográfica do fogar ó centro ocupacional. Estas circunstancias deberán acreditarse mediante informe emitido polos profesionais do equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente.

B) Poderán obte-lo ingreso nos centros de día e nas residencias de minusválidos gravemente afectados as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

* Presentaren unha deficiencia mental profunda, severa ou media, asociada con outros tipos de deficiencia ou discapacidades físicas ou sensoriais sempre que dependan doutra persoa para as actividades da vida diaria.

* Teren unha idade superior ós 16 anos.

* Para o réxime residencial, atoparen graves dificultades para seren atendidos en réxime familiar ou domiciliario. Estas circunstancias deberán acreditarse mediante informe emitido polos profesionais do equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente.

C) Poderán obte-lo ingreso noutros centros de minusválidos aquelas persoas que cumpran os requisitos específicos dos usuarios que atenden estes centros.

Artigo 6º.-Requisito específico para traslados.

Será condición imprescindible para obte-lo traslado que o usuario permanecese, menos, un ano no centro, agás circunstancias especiais debidamente acreditadas.

Capítulo IV

Procedemento de ingresos e traslados

Artigo 7º.-Solicitudes.

As solicitudes de ingreso ou traslado nos centros de minusválidos formularanas os beneficiarios ou os seus representantes legais e presentaranse en calquera das áreas de servicios sociais ou nos centros base de atención a minusválidos dependentes das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Así mesmo, poderán presentarse por calquera dos sistemas previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Á solicitude, que se formulará segundo os modelos que figuran nos anexos III e V, haberá de xuntarlle a seguinte documentación:

* Fotocopia DNI do interesado.

* Fotocopia DNI do representante.

* Declaración do IRPF da unidade familiar, correspondente ó último exercicio. No caso de non ter obriga de presentala, circunstancia esta que deberá acreditarse mediante certificación negativa da delegación de facenda correspondente, deberá aportarse declaración xurada de ingresos acompañada dos xustificantes deles.

As solicitudes de ingreso terán dous anos de validez e as de traslados un ano, contados a partir da data da súa presentación, transcorridos os cales deberá efectuarse unha nova solicitude.

Respecto das solicitudes defectuosas ou incompletas estarase ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 8º.-Remisión dos expedientes á Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Instruídos os expedientes de ingreso ou traslado polas áreas de servicios sociais, serán remitidos á Dirección Xeral de Servicios Sociais acompañados da seguinte documentación:

* Certificado de minusvalidez.

* Informe social.

* Informe médico.

* Informe psicolóxico.

* Baremo que figura no anexo IV da presente prde.

Artigo 9º.-Valoración do expediente.

A Dirección Xeral de Servicios Sociais procederá á valoración dos expedientes aplicando os baremos que figuran nos anexos I e II.

Na valoración dos expedientes ponderaranse as seguintes variables:

* Situación socio-familiar.

* Situación económica.

* Condicións da vivenda.

* Circunstancias laborais da unidade familiar.

* Outras circunstancias.

Artigo 10º.-Resolución dos expedientes.

1. A Dirección Xeral de Servicios Sociais é o órgano competente para a resolución dos expedientes de solicitude de ingreso ou traslado nos centros de minusválidos propios ou concertados ou con reserva de praza.

2. As resolucións poderán ser estimatorias ou denegatorias da solicitude formulada.

2.1. Son resolucións estimatorias as aprobatorias das listas de reserva de prazas.

2.2. As resolucións denegatorias da solicitude por non cumpri-los requisitos establecidos haberán de conter unha exposición dos feitos e fundamentos de dereito que as motivan.

2.3. As solicitudes que, reunindo tódolos requisitos esixidos, non obteñan a puntuación mínima a que se refire o artigo 4º, punto 4 da presente orde para a súa inclusión na lista de reserva de prazas, serán obxecto de notificación expresa, quedando o expe

diente en situación de lista de espera, mentres obteñan a puntuación esixida para cada centro.

3. A Dirección Xeral de Servicios Sociais poderá resolve-lo ingreso nun centro distinto do solicitado polo interesado cando considere que este non se axusta ás súas necesidades ou cando non exista praza vacante no solicitado polo interesado.

Artigo 11º.-Recursos.

Contra as resolucións que se adopten, os interesados poderán interpoñe-los recursos que se establezan na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Capítulo V

Listas de reserva de prazas

Artigo 12º.-Contido e orde de prelación.

O recoñecemento do dereito de ingreso ou traslado nos centros de minusválido realizarase mediante a inclusión dos beneficiarios nas correspondentes listas de reserva de prazas que serán dictadas pola Dirección Xeral de Servicios Sociais para cada centro.

As listas de reserva de prazas conterán un número máximo de beneficiarios igual ó 10% da capacidade do centro.

Os beneficiarios incluídos nas listas de reserva relacionaranse conforme a puntuación obtida segundo baremo, de maior a menor.

Artigo 13º.-Notificación.

A inclusión dos beneficiarios en lista de reserva de prazas será notificada a cada un deles polos propios centros, advertíndolles da necesidade de notifica-lo seu interese pola praza concedida nun prazo máximo de quince días; transcorridos estes sen obter resposta ningunha perderá o dereito recoñecido e procederase ó arquivo do expediente.

A perda do dereito á praza concedida, por renuncia ou por silencio, non suporá preferencia ningunha para a inclusión do beneficiario nas listas de reserva sucesivas para este ou outros centros e o interesado deberá formular nova solicitude.

Artigo 14º.-Chamamento.

Os beneficiarios que manifestasen o seu interese polas prazas concedidas serán chamados por rigorosa orde de inclusión na lista de reserva de prazas e deberán incorporarse no prazo de quince días, contados a partir da data de notificación, agás impedimento por causa de forza maior que, debidamente xustificada, deberán poñer en coñecemento das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, áreas de servicios sociais, ou do centro dentro do prazo establecido para o seu ingreso. Transcorrido o prazo citado sen incorporarse ó centro, perderán o dereito recoñecido e procederase ó arquivo do expediente.

Capítulo VI

Período de adaptación e observación

Artigo 15º.-Finalidade.

O período de adaptación e observación ten por finalidade comprobar se os beneficiarios reúnen as condicións indispensables para a adaptación ó cen

tro no que ingresan e a veracidade dos datos aportados no expediente, tidos en conta na resolución.

Artigo 16º.-Duración.

Tódolos beneficiarios, ó ingresar nun centro, haberán de someterse ó período de adaptación e observación que se establece, o cal terá unha duración máxima de tres meses.

Artigo 17º.-Comisión técnica de observación.

En cada centro existirá unha comisión técnica de observación para valora-los aspectos relacionados no artigo 15º.

A devandita comisión estará constituída polo director do centro e os técnicos que designe en número non inferior a tres.

Artigo 18º.-Acordos.

A comisión técnica de observación poderá pedi-los informes complementarios que crea convenientes. Das súas reunións e do acordo adoptado redactarase a correspondente acta.

Este acordo poñerase en coñecemento do beneficiario, quen no prazo de tres días poderá formula-las alegacións que coide pertinentes. Transcorrido o devandito prazo, a acta, que conteña o acordo da comisión técnica de observación e o documento de alegacións presentadas, se é o caso, enviarase á Dirección Xeral de Servicios Sociais, a cal resolverá. A devandita resolución será comunicada ó beneficiario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

I. Situación socio-familiar: 45 puntos.

1. Situación persoal do beneficiario (puntuación máxima 45 puntos).

1.1. Desamparo total (excluínte en relación con tódolos ítems do apartado I): 45 puntos.

1.2. Orfo total: 20 puntos.

1.3. Orfo de pai ou nai: 10 puntos.

2. Relacións intrafamiliares (puntuación máxima 10 puntos).

2.1. Explotación: 10 puntos.

2.2. Abandono encuberto: 8 puntos.

2.3. Sobreprotección: 4 puntos.

3. Situacións especiais para ter en conta nas persoas que teñan ó seu cargo o beneficiario (puntuación máxima 10 puntos).

3.1. Enfermidade ou incapacidade grave en pais ou persoas que teñan ó seu cargo o beneficiario: 10 puntos.

3.2. Ancianidade en pais ou persoas que teñen ó seu cargo ó beneficiario: 6 puntos.

3.3. Enfermidade ou incapacidade grave ou ancianidade nun dos pais ou das persoas que teñen ó seu cargo ó beneficiario: 3 puntos.

4. Situacións especiais para ter en conta noutros membros da unidade familiar (puntuación máxima: 5 puntos).

4.1. Enfermidade ou incapacidade grave ou ancianidade de irmáns e outros familiares que conviven co beneficiario: 2 puntos por cada quen.

4.2. Irmáns ou familiares que conviven co beneficiario: 0,5 puntos por cada quen.

I. Situación económica: 35 puntos

1. Renda familiar per cápita inferior a 100.000 ptas.: 35 puntos.

2. De 100.001 a 125.000 pesetas: 33 puntos.

3. De 125.001 a 150.000 pesetas: 31 puntos.

4. De 150.001 a 175.000 pesetas: 29 puntos.

5. De 175.001 a 200.000 pesetas: 27 puntos.

6. De 200.001 a 225.000 pesetas: 24 puntos.

7. De 225.001 a 250.000 pesetas: 21 puntos.

8. De 250.001 a 275.000 pesetas: 18 puntos.

9. De 275.001 a 300.000 pesetas: 15 puntos.

10. De 300.001 a 350.000 pesetas: 12 puntos.

11. De 350.001 a 400.000 pesetas: 9 puntos.

12. De 400.001 a 450.000 pesetas: 8 puntos.

13. De 450.001 a 500.000 pesetas: 7 puntos.

14. De 500.001 a 550.000 pesetas: 6 puntos.

15. De 550.001 a 600.000 pesetas: 5 puntos.

16. De 600.001 a 700.000 pesetas: 4 puntos.

17. De 700.001 a 800.000 pesetas: 3 puntos.

18. De 800.001 a 900.000 pesetas: 2 puntos.

19. De 900.001 a 1.000.000 pesetas: 1 punto.

20. Máis de 1.000.000 de pesetas: 0 puntos.

A renda familiar per cápita obterase tendo en conta a base impoñible para aquelas persoas que fixeron a formalización da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, e dividirase polo número de membros da unidade familiar; a cantidade resultante será a renda familiar per cápita. Para as persoas que non formalizaron a dita declaración, circunstancia esta que deberá acreditarse mediante certificación negativa da delegación de facenda correspondente, recorrerase á declaración xurada ou calquera outro medio fidedigno de comprobación de ingresos, rendas ou patrimonios; procedendo despois a idénticas operacións para determina-la renda per cápita familiar.

III. Circunstancias laborais da unidade familiar.

1. Situación laboral de desemprego sen prestación económica: 10 puntos.

2. Situación laboral de desemprego con prestación económica: 6 puntos.

3. Traballo sen cualificar fóra do fogar sen percepción económica fixa: 4 puntos.

4. Con contrato de traballo eventual: 4 puntos.

As puntuacións serán reducidas á metade se traballan dous ou máis membros da unidade familiar.

IV. Condicións da vivenda.

1. Vivenda (puntuación máxima: 15 puntos).

1.1. Carencia de vivenda (excluínte en relación con tódolos items do apartado IV): 15 puntos.

1.2. Chabola ou similar: 5 puntos.

1.3. Vivenda con menos de 15 metros cadrados por membro da familia: 4 puntos.

1.4. Vivenda cunha superficie entre 15 e 25 metros cadrados por membro da familia: 2 puntos.

2. Situación da vivenda (puntuación máxima: 6 puntos).

2.1. Pésima (en ruínas, con grandes humidades e gretas, etc.): 6 puntos.

2.2. Mala (sen auga corrente e/ou retrete e sen luz natural): 4 puntos.

2.3. Aceptable (dispón dos servicios mínimos): 2 puntos.

2.4. Boa: 0 puntos.

3. Barreiras arquitectónicas (puntuación máxima: 4 puntos).

3.1. Con barreiras arquitectónicas na vivenda e no medio: 4 puntos.

3.2. Con barreiras arquitectónicas na vivenda: 3 puntos.

3.3. Con barreiras arquitectónicas no medio: 2 puntos.

V. Outras circunstancias non consideradas nos apartados anteriores: 5 puntos.

Neste apartado valoraranse as especiais circunstancias que, sen estar comprendidas en apartados anteriores, requiran ser obxecto de valoración.

ANEXO IIBaremo de traslados

Para establece-la orde de prioridade dunha solicitude de traslado teranse en conta as seguintes variables:

1. Saúde:

1.1. Que o solicitante padeza algunha enfermidade que require revisión periódica frecuente en centro sanitario na localidade para a que se solicita traslado, ou próximo a ela, acreditado por un informe médico: 8 puntos.

1.2. Que o clima ou situación xeográfica do centro no que se atopa o solicitante afecte moi desfavorablemente á súa saúde, acreditado por un informe médico: 8 puntos.

2. De carácter persoal:

2.1. Que concorran causas gravemente prexudiciais para a integridade e/ou dignidade persoal do solicitante, debidamente valoradas por un informe social que deberá acompañar á petición de traslado: prioridade absoluta.

2.2. Que se produzan situacións que afecten de xeito importante ó equilibrio psicolóxico e emocional, así coma ó axuste persoal e social do solicitante, acreditado con certificación psicolóxica: 4 puntos.

3. Reagrupamento familiar:

3.1. Que o beneficiario solicite traslado a un centro situado na cidade de residencia familiar ou onde

residan familiares ata o segundo grao: 3 puntos.

3.2. Que o beneficiario solicite traslado a un centro situado na localidade máis próxima da residencia familiar, cando non exista centro nela: 3 puntos.

4. Antigüidade:

Por cada mes como residente nun centro propio ou concertado: 0,10 puntos.

1568