Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996 pola que se concede un novo prazo de presentación de ofertas para a contratación mediante concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente, das obras de construcción do Centro de Documentación e Teledocumentación Científico-Tecnolóxico e Biblioteca Central da Universidade de Vigo. (Expediente 400/1996).

Nos DOG números 48 e 53 do 7 e 12 de marzo de 1996, respectivamente, publicáronse anuncios relativos á convocatoria para a adxudicación da obra correspondente ó expediente 400/1996.

Detectados erros no proxecto e pregos de cláusulas administrativas particulares no referente a clasificación empresarial esixida, concédese un novo prazo para a presentación de ofertas que comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

Neste sentido o apartado referente á clasificación empresarial queda redactado do seguinte xeito:

«Clasificación empresarial:

-Grupo A, subgrupos 1, 2, 4.

Grupo B, subgrupo 2.

Grupo C, subgrupos 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9.

Grupo G, subgrupo 6.

Grupo I, subgrupos 1, 6, 7, 8, 9.

Grupo J, subgrupos 1, 2, 5.

Grupo K, subgrupos 1, 2, 4, 5, 6, 9.

-Categoría E».

Vigo, 13 de marzo de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

1291