Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Facultade de Ciencias (expediente número 4006/1996).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Facultade de Ciencias.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita na r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: once millóns de pesetas (11.000.000).

Garantía provisional: catrocentas corenta mil pesetas (440.000).

A Coruña, 5 de marzo de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

1976