Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1996 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a subministración de diverso material informático para negociados de xestión económica (expediente número 1002/1996).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de diverso material informático para negociados de xestión económica.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministros por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita na r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: cinco millóns cen mil pesetas (5.100.000).

Garantía provisional: cento duas mil pesetas (102.000).

A Coruña, 27 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

1979