Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/83-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 1 ó proxecto de L.M.T., CC.TT. Ervedíns-Iglesario.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 289 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Tis e remata no C.T. Ervedíns, de 50 kVA. L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 517 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Barreiras e remata no C.T. Igrexario, de 50 kVA, a 15 kV-B.2.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de exeución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de febreiro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9601730